Respira

Respira
26 de Xullo, 2020 - 09:00 h. | Publicada por Radio Fene

O debuxo Respira de Hugo Feal Permuy alzouse co primeiro galardón do Premio Curuxa Nova convocado polo Museo do Humor de Fene. O autor, graduado en Bellas Artes en Pontevedra,  recibirá un diploma e 1000 euros en metálico. A categoría pódense presentar persoas entre 16 e 25 anos. 

Donald Trump respira

O xurado destacou do traballo de Hugo Feal Permuy, que acadou o 1o premio Curuxa Nova por un debuxo titulado “Respira”, “a calidade gráfica e o acabado do debuxo no que salienta especialmente un coidado traballo na composición e na narración da escena”. Tamén salientou “a capacidade de transmitir unha mensaxe crítica sobre a actualidade e a mensaxe que resulta impecable”. O 2º premio Curuxa Nova foi para Luciano Ripio Molina por un debuxo titulado “Ciclo”. Del, o xurado valorou “a calidade gráfica, a calidade na cor e nas sombras e a limpeza do debuxo, amais das súas múltiples lecturas e a capacidade de convidar á reflexión cunha mensaxe crítica sobre cómo os humáns repetimos os nosos erros unha e outra vez”.

Cultura

Publica o teu comentario agora