Resucitar o pasado de Galicia

Resucitar o pasado de Galicia
15 de Xuño, 2020 - 11:44 h. | Publicada por Radio Fene

O deseñador gráfico, Anxo Mijás, é o autor da reproducción da fachada da catedral de Santiago do século XIII, en 3D. Traballa xa nun novo proxecto que ten na mira posta nos restos do pasado de Galicia.

ESCOITA O PODCAST:

Reproducir a fachada do Obradoiro da catedral de Santiago tal e como era no século XIII. Ese foi o reto do deseñador gráfico e modelador ferrolán, Anxo Miján. Fixo a reconstrucción da fachada da catedral de Santiago de Compostela en 3D tras un árduo traballo de documentación e un minucioso proceso técnico final. O acceso a diferentes fontes a través de internet, a valiosa documentación académica que houbo que contrastar e discriminar, levoulle a maior parte do tempo neste traballo do que Miján se mostra moi orgulloso. O proceso técnico consistiu en elaborar un modelo en tres dimansións que se axustase o máis posible á realidade. Pero ademais houbo que buscar o maior realismo posible reproducindo as texturas ou a iluminación. “Hai que pintalo, explica Miján, buscar a textura da pedra, das tellas, do chan. A obra ten que transportarnos ao século XIII”.

Para Anxo Miján o máis asombroso é comprobar que o pasado tiña cor, que non era todo gris. Os romanos pintaban as esculturas, todo tiña policromía. Antes desta reproducción en 3D da fachada románica da catedral de Santiago, Miján traballou noutro proxecto empeñado en redescubrir, a través as ruínas, as cidades de Atenas, Roma, Pompeia ou Palmira, para a revista National Geografic. “Un traballo moi gratificante no que aprendín moitísimo e quedei feliz do resultado” afirma o deseñador gráfico que agora se embarcou nun novo proxecto, xunto a compañeiros galegos do anterior traballo, O nome é "Centro Infográfico Avanzado de Galicia" no que queren reproducer en 3D antigos restos de Galicia. O primeiro candidato é o Castro de San Cibrao de Las, en Ourense. O obxectivo é resucitar o pasado galego.

Cultura

Publica o teu comentario agora