Resultado de escándalo

O porteiro Alex non tivo moito traballo
23 de Setembro, 2019 - 10:16 h. | Publicada por Radio Fene

Monfero 2- Perlío 10. Un resultado de escándalo para os feneses que afrontarán o derbi co Maniños no mellor momento.

ESCOITA O PODCAST:

Monfero 2- Perlío 10. Un resultado de escándalo colleitaron os de Chechu Piñeiro na súa visita onte a Monfero. Ata o descanso non se podía prever ese final porque chegaron á metade cun 2-4. Piñeiro fala de dous erros e dous goles que recibiron. Iso é o máis lle fastidiou porque toda a semana falaron do tamaño do campo e os riscos que iso conlevaba.

Na segunda parte todo cambiou e, segundo ían metendo os goles, os do Monfero víñanse abaixo. Chechu Piñeiro califica o resultado de “escandaloso” con goles moi repartidos. Gosta Piñeiro de ter máis dun disparador e de que todos participen na ofensiva. Pola contra, o proteiro do Perlío, Alex, non tivo moito traballo onte. (na imaxe os gardarredes, Alex Pico García e Rafael Afonso Lourido). 

A próxima xornada temos derbi nos Pinares. Perlío- Maniños. Para o técnico do Perlío, o Maniños ( que ven de meterlle 11 goles ao Vilarmaior) é o líder, un dos candidatos a gañar a liga. Pero “ isto é un derbi e os dous queremos sacar os tres puntos” afirma Chechu, quen engade que traballarán toda a semana para iso. Ademais chegan ao derbi en un bo momento.

Deportes

Publica o teu comentario agora