Retirada do permiso de conducir ao alcalde de Fene

O alcalde de Fene foi condeado a permanecer sen permiso de conducir durante 244 dias
25 de Novembro, 2019 - 01:05 h. | Publicada por Radio Fene

Gumersindo Galego pide perdón polo erro cometido e afirma non ter disculpa polo ocurrido.

ESCOITA O PODCAST:

O alcalde de Fene ven de ser condeado á retirada do permiso de conducir durante 244 dias e ao pago dunha multa de 600 euros por dar positivo nun control de alcoholemia da Garda Civil de Tráfico o pasado 10 de novembro, día das eleccións xerais. O pasado dia 12 xa se celebrou o xuizo rápido en Ferrol e Gumersindo Galego aceptou a sentencia amosándo a conformidade coa pena.

Radio Fene recolleu as palabras do alcalde fenés, nada máis coñecer a noticia. Galego pide disculpas e afirma que cando colleu o volante ao sair da sede do PP, onde recoñece que tomou unhas cervezas ao final da xornada electoral, non era consciente de ter bebido tanto como para non coller o coche. Amosase arrepentido dese erro do que afirma que é a primeira vez en corenta anos que lle pasa.

Gumersindo Galego conta que cando saíu da sede popular de Fene tras celebrar os resultados electorais cuns pinchos e unhas cervexas, colleu o coche para ir á súa casa. Paróuno a Garda Civil á altura da estación de servizo de Fene onde o fixeron soplar e deu positivo. "Era tan inconsciente do que bebera que non lle pedín á miña muller que ía conmigo que se puxera ao volante" afirma un arrepentido Galego diante do micrófono de Radio Fene.

Institucional

Comentarios

A primeira vez? A primeira vez que o collen... En Fene todos nos coñecemos e temos ollos. Cando o río sona non leva solo auga, visto o visto.
Nome: 
Xan de Conces

Publica o teu comentario agora