Retranca de ferro

O escultor Manuel Angel Méndez Bellón inaugura exposición no Museo do Humor de Fene
01 de Febreiro, 2019 - 08:51 h. | Publicada por Radio Fene

A seriedade do ferro mestúrase en "Galician Metal Retranca" coas formas ás veces cómica das súas figuras. Un traballo serio cargado de retanca. Así se podería definir a arte do escultor naronés.

O escultor naronés, Manuel Ángel Méndez Bellón, inaugura en Fene a mostra “Galician Metal Retranca” Poderá visitarse dende mañá sábado e ata finais de mes na Casa da Cultura. O escultor desvela que o seu obxectivo é facer ver que os dous mundos que leva dentro e que aparentemente son distintos, o traballo serio do metal e, por outro, o noso característico humor galego, poden complementarse perfectamente e sacarnos un sorriso. "Galician Metal Retranca" son 25 figuras realizadas en ferro moldeado e soldado (chapas, tubos, varillas) -e combinado en ocasións con madeira, pedra ou cristal- A mostra pretende “espertar sorrisos con algo aparentemente tan serio coma o ferro", segundo apunta o creador. Tras esa primeira impresión cómica e irónica que adoitan espertar as súas pezas, Manuel Ángel Méndez Bellón procura que se aprecie o traballo constante e serio que cada unha delas ten detrás. “Galician Metal Retranca” Poderá visitarse ata o 27 de febreiro, no horario habitual da Casa da Cultura de Fene, en horario de mañá –de 10 a 13 h- e de tarde –de 16 a 21 h- e os sábados de 10 a 13 h.

Cultura

Publica o teu comentario agora