Retroceder para avanzar no aforro enerxético

Retroceder para avanzar no aforro enerxético

24 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Nesta madrugada do sábado ao domingo, ás tres haberá que cambiar de posición as agullas do reloxo para que marquen as dúas. Entra en vigor de novo o horario de inverno, cuxa comenencia defende a Administración. O pequeno movemento das agullas ten enormes resultados, segundo as estimacións do Instituto Enerxético de Galicia, Inega, que calcula un aforro potencial de enerxía na iluminación doméstica do 1 por cento, e do 3 por cento n

O paso atrás na conta horaria non é por capricho, senón que atende a unha norma de obrigado cumprimento para todos os países da Unión Europea en vigor dende o ano 1981 e que tan só se revisa cada catro anos. Fora a crise do petróleo do ano 1974 a que obrigara a algúns países a idear medidas de aforro, coincidindo no interese de aproveitar mellor a luz do sol en troques de ter tanto tempo prendida a iluminación eléctrica. Así xurdiu a idea de adiantar os reloxos nos meses de verán, unha mudanza transitoria que se desfai cando se aproxima o inverno e que cómpre realizar nesta madrugada do sábado ao domingo.

Sociedade