A revista Estudos de Lingüística Galega, pioneira da USC en formato electrónico

A revista Estudos de Lingüística Galega, pioneira da USC en formato electrónico

27 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A "primeira" revista en formato electrónico da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 'Estudos de Lingüística Galega' (ELG), pretende "afianzarse como un espazo de debate e intercambio científico da lingua galega".

A directora da publicación e do Instituto de Lingua Galega (ILG), Rosario Álvarez, destacou hoxe o obxectivo de que a publicación supoña "un vehículo de difusión instantánea, nacional e internacional do galego" no que participan "a partes iguais" investigadores --directa e indirectamente relacionados co idioma-- noveis e consagrados do ILG, o resto de universidades galegas e doutros países. Neste sentido, Álvarez explicou que ELG nace como unha revista "complementaria" a outras dedicadas á filolóxica galega con "vocación integradora" no "equilibrio deste ciclo de revistas", como os cadernos da lingua da Real Academia Galega ou a revista filolóxica da Universidade da Coruña. Así mesmo, o reitor da USC, Senén Barro, valorou que a publicación representará un lugar de reflexión sobre a normativa idiomática e de análise crítica e de difusión da investigación lingüística.

A revista, da que se editarán 300 exemplares en papel estrutúrase nas seccións 'Pescuda' --artigos de investigación orixinais e libres sobre lingüística--; 'Peneira' --artigos breves que supoñan unha reflexión sobre o estándar e realicen propostas--; e 'Anada', que recompila recensións críticas sobre traballos editados neste campo que afecten directa ou indirectamente ao galego.

 

 

Cultura