As Revoltas Irmandiñas asaltarán denovo o castelo de Moeche

As Revoltas Irmandiñas asaltarán denovo o castelo de Moeche

12 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Festival Irmandiño de Moeche achégase a súa trixésima edición. Dende as 11 da mañá e durante toda a xornada do sábado 22 de agosto sucederánse os actos. O festival, naceu en 1980  para contribuir dende a cultura e a historia a que Galicia tivese voz propia. As exposicións no Castelo de artesanía e cómics serán as encargadas de abrir este festival, que contará coa música ambiental a cargo do compos

O Festival Irmandiño de Moeche  celebraráse o 22 de agosto. Un festival que conta con gran aceptación popular, onde o asalto ao castelo esperta o espírito máis aventureiro dos mozos e mozas participantes. Tras os actos matutinos á unha e media encheránse os estómagos na sardiñada que terá lugar a carón do castelo, na zona habilitada para merendas. Xa pola tarde haberá obradoiros infantís e competicións de xogos populares.

O groso dos actos acontecerán pola noite. A partir das dez da noite haberá un total de 4 concertos gratuítos. Os asistentes desfrutarán cos directos dos grupos Saraibas e Balakandra, os feneses Bellón- Maceiras Quinteto, Lamatumbá e Mallacán. Tras a  lectura do pregón a cargo de Manel Cráneo chegará o momento álxido do festival irmandiño, o asalto ao Castelo de Moeche. Coa invasión irmandiña á fortaleza poráse fin a esta trixésima edición do festival. Unha evento festivo organizado pola Asociación Castelo de Moeche en colaboración coa Deputación da Coruña. Os asistentes disporán de zona de acampada e aparcadoiro de balde. A batalla está garantida.

Sociedade