A revolución do granel

Unha alternativa respetuosa co medioambiente
17 de Setembro, 2020 - 08:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os produtos de limpeza e aseo ecolóxicos, mercados a granel, reducen sensiblemente a contaminación medioambiental.

ESCOITA O PODCAST:

Non é necesario usar produtos contaminantes nin gastar unha fortuna para limpar a fondo. Mercando produtos biodegradables a granel reducimos dobremente a contaminación. Adquirindo os produtos de limpeza de marca e en envase plástico, ao desfacernos do envase, xeneramos residuos contaminantes porque os seus compoñentes tardan moitos anos en destruírse. Ademais a fabricación do envase tamén xerou contaminación. Hai que ter en conta outro dato, afirma Margarita Rodríguez da tenda Eco4 de Narón, que a reciclaxe dos envases plásticos non pasa hoxe en día do 35%. Mercando produtos ecolóxicos a granel, redúcese a produción de residuos plásticos e evítase a contaminación do medio ambiente a niveis do 98%. “Son residuos que desaparecen en 28 dias” dí Rodríguez. A variedade é cada vez máis ampla. En Eco4 hai xabróns naturais, desinfectantes, deterxentes para lavadora, lavalouzas, crema dos dentes… todos produtos eficaces e non contaminantes.

Sociedade

Publica o teu comentario agora