Rexeitan o pin parental

As ANPAS galegas contra o " pin parental"
22 de Xaneiro, 2020 - 11:27 h. | Publicada por Radio Fene

A Confederación ANPAS galegas decidíu amosar o seu total rexeitamento á proposta política do pin parental alegando que os pais e nais xa teñen suficiente representación nos centros escolares e coñecemento das programacións educativas ordinarias e extraordinarias.

Hoxe circula polas redes sociais unha viñeta de Forges publicada en Diario de Ferrol no ano 1984. Dous homes sentados nunha pena falan. Un dille ao outro “El problema reside en que enfrentan la libertad de enseñanza con la enseñanza de la libertad”. O outro pregunta. “Quienes?”. Resposta: “Ellos, los de toda la vida”.

 

Diante do rebumbio informativo ao redor da iniciativa que dan en chamar “pin parental”, a Confederación ANPAS galegas decidíu amosar o seu total rexeitamento a esta proposta política da extrema dereita.

Resúmen así as razóns:

A participación das familias no control dos centros escolares está garantida ao estar dentro dos Consellos escolares, onde se valora o Plan Xeral Anual do centro, que é onde están incluídas todas as actividades ordinarias e extraordinarias do mesmo.

Afirman que é un debate absolutamente falso, porque non hai, ata o momento, ningunha familia do Ensino Público Galego que rexeitara explicitamente os contidos cos que se traballa na formación do alumnado galego.

Todas as actividades que realizan os centros educativos públicos galegos deben estar xa axustadas ao ordenamento xurídico vixente, elaborado polos Parlamentos democráticos de todo signo que a cidadanía vota ao longo dos anos, e que constitúe a base da nosa convivencia pacífica.

Resulta un ataque intolerábel contra a atención a diversidade, a inclusión, a loita pola igualdade e o respecto entre xéneros, valores todos eles que están incorporados á nosa lexislación e nos que as familias contan coa colaboración da Escola Pública para a educación das nosas fillas e fillos como cidadáns informados, libres e tolerantes.

Sociedade

Publica o teu comentario agora