Ribadeando nas Catedrais

Ribadeando nas Catedrais

08 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A praia das Catedrais e a cetárea de Rinlo son dous dos puntos que visitarán estudantes de Outeiro de Rei e do Instituto A Piringalla de Lugo, no marco do programa medioambiental Km0 da Deputación lucense. Os 288 participantes na actividade -que na súa maioría son estudantes de  colexios e institutos- pararán en distintos establecementos para repoñer forzas. A iniciativa do organismo provincial axuda deste xeito a potenciar un sec

O deputado da Rede Viaria Provincial, Juan José Díaz Valiño, recibiu ós dous grupos de participantes desta semana, que elexiron como destino das súas rutas o municipio de Ribadeo e a capital lucense. Neste senso, 48 alumnos do CPI Santo Medo de Carballo de Taboada, que tras ser recibidos na sede da Deputación, visitaron a Fundación TIC para desprazarse despois á vila mariñana, onde comeron no restaurante La Solaina e, seguidamente, deron un paseo en lancha polo porto deportivo de Porcillán e subiron no ascensor panorámico instalado nesta zona. A visita rematou cun percorrido polo casco histórico e o convento das Clarisas. En canto á segunda ruta, pola cidade de Lugo, elixiuna o instituto ribadense Dionisio Gamallo Fierros. Deste xeito, un grupo de 48 estudantes deste centro, iniciaron o percorrido cunha visita a Santa Eulalia de Bóveda e, tras comer en Los Robles, deron un paseo polo contorno do Río Miño e visitaron Avifauna, ademais da Catedral, a Muralla e As Termas.   

Para mañá mércores están previstas outras dúas rutas por Foz, que farán 48 alumnos do IES A Pinguela de Monforte de Lemos, e por A Montaña, na que participarán 48 integrantes da Asociación de Mulleres Rurais “Olvido” de Pol. O primeiro grupo visitará o Castro de Viladonga e desprazarase despois a Ferreira do Valadouro para comer no hotel Vila do Val. Tras facer parte dunha ruta de sendeirismo ata Pozo da Onza, visitarán as praias de Polas e Xuncos, o porto de Nois e o Castro de Fazouro. No caso do colectivo de mulleres de Pol, o percorrido consiste nunha visita ó Centro de Interpretación Terras do Miño, comida no restaurante O Cantábrico da Fonsagrada e paseo pola área recreativa de Negueira de Muñiz. Achegaranse tamén ó embalse de Grandas de Salime e ó Museo Etnográfico fonsagradino.

O xoves, 48 estudantes do instituto A Piringalla de Lugo e outros 48 do CEIP Laverde Ruiz de Outeiro de Rei farán as rutas “As Lagoas de Cospeito” e “As Catedrais”, respectivamente. Os mozos lucenses visitarán o Centro de Interpretación do Rato, comerán na Casa Grande de Anllo de Cospeito e pola tarde visitarán o Pazo de Sistallo, a Lagoa de Cospeito, a Torre de Caldaloba e o Museo Arqueolóxico da Terra Chá. Pola súa banda, os alumnos do colexio de Outeiro de Rei coñecerán a Lagoa de Caque, pasearán polas praias ribadenses de As Catedrais e os Castros e achegaranse á cetárea de Rinlo e ó aeródromo de Vilaframil. A comida terá lugar no restaurante Marinero.

Sociedade