Ribeira celebrará o Día do Orgullo reivindicando o “Pídechas o corpo” como himno gay galego

Ribeira celebrará o Día do Orgullo reivindicando o “Pídechas o corpo” como himno gay galego

29 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Os actos de conmemoración do Día do Orgullo LGBT van máis alá das principais cidades galegas. Ribeira vén de sumarse, por primeira vez, a esta celebración festivo-reivindicativa cunha serie de actividades que se celebrarán na tarde-noite deste sábado, 2 de xullo, baixo o lema “Pídechas o corpo”, titulo da canción que popularizou Ana Kiro e que o organizador da proposta, Manu Mim&eac

Os actos do Día do Orgullo Gay na vila do Barbanza darán comezo ás catro da tarde cun vídeo-forum na Taberna do Riaso, no cal se proxectará o filme Priscila, reina del desierto. Logo de vela, os asistentes terán a oportunidade de debater e reflexionar en conxunto sobre “políticas e cuestións de xénero”.

Posteriormente, ás sete, o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, presentarán o seu libro A configuración da homosexualidade na Idade Media no Ateneo Valle-Inclán (Bar Plaza).

A festa rematará ás dez da noite no aparcamento da UAD de Coroso cos concertos de Talón de Akiles, The Fe Kaos, The Siberets, Collón de Lola, Terbutalina e Dj Manu Mimé. A entrada é de balde.

Cultura