A rica carne estofada con lactarius e lepiotas

A rica carne estofada con lactarius e lepiotas

09 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Asociación Etnográfica e da Natureza “Amigos do Río Vaa” de Maniños Fene (A Coruña) organiza para o vindeiro sábado, 14 de novembro, unha degustación de cogomelos para festexar o remate da tempada. Nesta ocasión servirase un arroz mixto de cogomelos, carne estofada con lactarius e lepiotas e un xeado con crema de cantarellus. Todos os pratos serán elaborados polo cociñeiro Daniel Pulzoni.

Ao redor de sesenta e cinco persoas se apuntaron á degustación de fungos e cogomelos que organiza Aetna para a vindeira fin de semana. Segundo o presidente da entidade, Juan José Cabana, “superáronse todas as expectativas” ate o punto de que se tivo que pechar anticipadamente o prazo de inscripción.

Nunha entrevista en Radiofusión, Juan José Cabana explicou que o que pretende Aetna é “institucionalizar esta festa ao redor dun dos froitos típicos do outono”. Ademais, con este encontro gastronómico ponse punto e final a unha nova campaña de estudo e recolleita de fungos e cogomelos na sociedade. Neste senso, ao longo das últimas semanas, os membros da Asociación de “Amigos do Río Vaa” participaron en varios encontros para intercambiar impresións e coñecementos sobre micoloxía, ademais de organizar varias saídas ao monte.

Sociedade