A rinitis pode derivar en asma, segundo Ildefonso Luna

A rinitis pode derivar en asma, segundo Ildefonso Luna

26 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O 15 por cento dos galegos padece rinitis alérxica a causa do pole das gramíneas. Esta afección “cada vez máis presente” entre a cidadanía, é perigosa, xa que máis do 30 por cento dos afectados derivan en casos de asma.

O presidente da SCAIC (Sociedad Catalana de Alergología e Inmunología Clínica) Ildefonso Luna explica que a enfermidade desenrólase nos meses de xuño e xullo, cando o polen comeza a extenderse e destacou que o 70 por cento dos afectados aseguran que a enfermidade "limita seriamente a súa calidade de vida" Asimesmo, estimou que "o 32,9 por cento dos pacientes con rinitis alérxica" das catro provincias galegas "amosan sensibilidade ao polen" e sinalou que "fundamentalmente padecen rinoconxuntivite" que "derivará a asma bronquial no caso de non tratala adecuadamente. Neste sentido, Ildefonso Luna denunciou que a relación entre ambas enfermidades “é moi frecuente” no paciente alérxico xa que  a rinoconxuntivide dase no 80 por cento dos casos de asma.

Ademáis, o responsable da SCAIC recordou tamén que as conclusións do informe 'Alergológica 2005', evidenciaron que "dos 290 pacientes estudados o 55,5 por cento presentou rinoconxuntivite" e "o 27 por cento padecía asma", cunha maior prevalencia nas mulleres.

Sociedade