Rinlo debuxa unha interrogante sobre os plans acuícolas da Xunta e Pescanova

Rinlo debuxa unha interrogante sobre os plans acuícolas da Xunta e Pescanova

24 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Os responsables de Pesca das tres forzas parlamentarias expresaron en Radiofusiòn as súas expectativas sobre o proxecto dunha macropiscifactoría da empresa Pescanova no Cabo Touriñán (A Coruña), un compromiso ao que se opuxeran socialistas e nacionalistas e que o PP vén de retomar. A recente sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulando a licenza e a declaración de impacto ambiental dunha granxa acuícola en Rinlo (Lugo), nun espaz

Dende o PsdeG, a deputada Marisol Soneira coida que a iniciativa de Pescanova, se quere prosperar, deberá afastarse 500 metros do litoral, ao igual que acontece con outra granxa da mesma marca na localidade portuguesa de Mira e que a Xunta vén empregando como exemplo de oportunidade empresarial desbotada polo bipartito. “A sentenza do Alto Tribunal sobre Rinlo foi histórica”, sostén Bieito Lobeira, do BNG, para quen a xurisprudencia ofrece xa argumentos suficientes que desautorizarían o macroproxecto acuíocola no Cabo Touriñán.

Institucional