A risa como terapia

O obradoiro dispón de prazas aínda para este curso.
29 de Outubro, 2019 - 11:29 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene volve apostar polos obradoiros de risoterapia da man do proxecto Licenza para rir. A Concellería de Cultura sinala que aínda queda algunha praza libre, co que a matrícula pode formalizarse aínda no pavillón municipal de A Xunqueira. As sesións celébranse na Casa da Cultura os martes de 18,30 a 20 horas.

A Concellería de Cultura vén de reeditar os obradoiros de risoterapia “Licenza para rir”. Un proxecto que regresa para continuar descubrindo e valorando as potencialidades terapéuticas e curativas da risa. Dende outubro e ata finais de maio, celébranse sesións semanais, todos os martes, de 18,30 a 20 horas no Museo do Humor-Casa da Cultura e aínda queda algunha praza libre. Así, as persoas maiores de 16 anos interesadas en tomar parte poden formalizar aínda a súa matrícula nas dependencias administrativas do pavillón municipal de A Xunqueira, en San Valentín.

Que ofrece “Licenza para rir”?

Fomenta a creatividade individual e grupal desde o lúdico; utiliza a risa como ferramenta favorecedora da comunicación e nun estímulo da creatividade ou axuda ó corpo e á mente a afrontar positivamente calquera situación de estrés utilizando a risa como ferramenta terapéutica. O prezo da actividade é de 28,20 euros (cuota única para todo o curso).

Cultura

Publica o teu comentario agora