Rivas e Castelao, xuntos nun conto

Rivas e Castelao, xuntos nun conto

24 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O sombreiro chichiriteiro é o novo título da colección Merlín, de Edicións Xerais de Galicia. ¿Qué ten de singular? primeiro de nada a propia historia ilustrada por Patricia Castelao, e despois que é o primeiro conto para xente miuda que escribe Manuel Rivas.

 Ao velo no escaparate da libraría, o primeiro que chama a atención é o Simón – o protagonista- coa sua trompeta e, case ao tempo, o nome de Rivas.  “Esta é a historia da amizade dun sombreiro moi especial, o Chichiriteiro, e dun neno valente chamado Simón. Xuntos viaxarán ao corazón do mundo”  Deste xeito tan suxerente preséntase o conto con máis paxariños que teñamos visto nos últimos tempos. Os animaliños, os máis tenros de todos, saen do lápis e do ordenador de Patricia Castelao, debuxante estradense, membro do estudio Baobad e unha dos cinco ilustradores seleccionados para representar a España na Feira do Libro de Frankfurt no ano 2006.  

O melloriño que podía atopar Manuel Rivas para o seu debut como contista. Tanto monta, monta tanto, que dirá o lector ou lectora do sombreiro chichiriteiro. Un sombreiro que nos transporta por esta historia musical que se ve como unha película.
 

Sociedade