Robótica para comerse o tarro

Obradoiro no CCRD Perlío, os sabados, ata o 2 de febreiro.
10 de Decembro, 2018 - 10:39 h. | Publicada por Radio Fene

As inscripcións están abertas para participar neste obradoiro dirixido á rapazada de 13 a 16 anos. Poden facerse nos colexios, no Centro Municipal de Servizos Sociais ou a través de whatsapp.

O Concello de Fene oferta o curso “Robótica para comerse o tarro”. Diríxese a rapaces e rapazas de entre 13 e 16 anos, a participación é completamente gratuíta e a inscrición está aberta. Pode formalizarse por tres vías: nos centros educativos do municipio –ata o 12 de decembro nas respectivas secretarías-, no whatsapp 670 034 625 ou no Centro Municipal de Servizos Sociais –Avenida do Mar, bloque 1 San Valentín-. As prazas están limitadas a 20 e para iniciar a actividade requírese un mínimo de 10 participantes.

Entre os contidos, abordaranse materias como programación, minecraft, realidade aumentada, scratch, prototipos 3D, simulacións con robots ou novas tecnoloxías. Arrancará o 15 de decembro e celebrarase os sábados 22 e 29 deste mes, os sábados 12, 19 e 26 de xaneiro e o 2 de febreiro. Será no CCRD Perlío, de 11,30 a 13 horas-. O obradoiro inclúese no programa “Mocidade Activa” de prevención de condutas aditivas entre a mocidade que impulsan os concellos de Fene, Neda e Mugardos, co apoio da Consellería de Sanidade.

Institucional

Publica o teu comentario agora