Robots para fomentar o steam

Robots para fomentar o steam
06 de Febreiro, 2019 - 02:14 h. | Publicada por Radio Fene

Ciencias, tecnoloxia, enxeñería, arte e matemáticas. Son as disciplinas consideradas imprescindibeis para formarse na sociedade actual. A palabra Steam formase coas iniciais desas palabras en inglés. E para fomentar o interese da rapazada por esas materias a Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo organiza a súa quinta competicións de robots. Vai participar o colexio Jorge Juan de Perlío.

ESCOITA O PODCAST:
Victor Manuel Quintero e Fátima López. Colexio Jorge Juan de Perlio

 

O profesor Victor Manuel Quintero e a alumna de cuarto da ESO Fátima López explicaron en Radio Fene como xurdiu a posibilidade de participar na competición. A Universidade de Vigo enviarálles un kit cunha placa Arduino. No centro educativo deben construir o robot  e programalo para , no menor tempo posible, percorrer un camiño e evitar dous obstáculos.  O robot tamén debe sacar catro latas de refresco do interior dun circulo de un metro de diámetro. Cinco equipos do colexio Jorge Juan de Perlío participarán o 26 de abril na Quinta Competición de robots da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo. Concursarán na categoría Wall-E para ESO e bacharelato.

Institucional

Publica o teu comentario agora