Rocío Bértoa levará Urbanismo, Cultura e Deportes

Rocío Bértoa levará Urbanismo, Cultura e Deportes

16 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O alcalde de Fene Gumersindo Galego adiantou xa as delegacións de competencias e as presidencias das comisións informativas da Corporación. Cada 1 dos 6 concelleiros do Partido Popular asumirá unha área de actuación do Concello.

Ao 4º día da nova andaina municipal, o grupo de goberno de Fene ten acordado o organigrama de funcionamento. Aparte do alcalde, Gumersindo Galego, os concelleiros e concelleiras restantes do Partido Popular teñen xa as suas áreas de traballo repartidas. Segundo informa o primeiro rexedor, a área de Urbanismo e Cultura e Deportes estará presidida por Rocío Bértoa. A área de Facenda e Promoción económica será para Juan José Franco; de Obras e persoal encargaráse Alejandro Dopico, mentras que Servicios é para Andrés Serantes Painceiras. Por último, a edil Juana Barro será a responsable das áreas de Servicios Sociais, Igualdade, Benestar, Educación e Protección civil. Mañá venres a corporación de Fene reunirase no primeiro pleno do mandato, un pleno extraordinario ás 9 da mañá para debater sobretodo a sitiación do centro de Formación Profesional de Barallobre e adicionalmente a situación dos colexios do Ramo e Centieiras.

Institucional