Rock e Folk no San Vicente de Caamouco.

Rock e Folk no San Vicente de Caamouco.

24 de Xaneiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Triple oferta musical no San Vicente 2014, organizado pola Agrupación Instrutiva de Caamouco. As xornadas festivas pretenden ser unha alternativa musical atractiva ás tradicionais verbenas.  O que se busca é a participación da mocidade da localidade, para involucrala na vida cotiá da Sociedade centenaria.  A Agrupación case que duplica este ano o seu orzamento para a celebración do Patrón da localidade, grazas á achega de varios

O sábado 25 de xaneiro a partir das 23 horas, o local social da Tenencia converterase nunha gran pista de baile. É a NOITE ROCK da Agrupación. ANFIBIA (Santiago de Compostela) será a banda encargada de abri-la noite coa súa proposta de funk e rock. Canda eles, a BIG BAND THEORY (Pontedeume), ofrecerá unha chea de versións dos grandes clásicos rock de tódolos tempos. Coa celebración desta xornada a Agrupación busca a implicación da xente nova nas actividades da Sociedade.

A xornada do domingo 26 será a adicada á música do país. Dende as 19 horas a Agrupación celebra a súa TARDE FOLK. E faino coa actudación da banda OS DOUS DE SEMPRE + 1 (Ares), unha fusión de tradición e frescura na procura de novas sonoridades. Esta iniciativa está pensada para un público amplo.

Nos dous días de Festa a Cantina da Agrupación permanecerá aberta.

Sociedade