Rockeixo= rock+requeixo

Rockeixo= rock+requeixo

22 de Agosto, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O concello da Capela- A Coruña- acolle o próximo domingo a XXIII Festa do Requeixo, o producto estrela da zona que se servirá dende a 1,30 da tarde. As actividades arredor da festa comezan xa o venres co concurso de receitas a base de requeixo e continúan o sabado coa IV edición do festival Rock. O domingo está prevista unha ruta guiada ás Fragas do Eume e ao Museo etnográfico da Capela.  As cantareiras de Ardebullo porá a nota de humo

Os actos adicados ao Requeixo prolongaránse durante toda a semana, comenzando o mércores a celebración dun Taller de cata de queixos impartido por consumados expertos na materia; o venres 26 terá lugar o xa tradicional concurso de receitas, nesta ocasión no marco do restaurante "Casa Pepe" en As Neves; o sabado 27 celebraráse o 4º Festival Rockeixo, no que os afeccionados á música rock poderán disfrutar escoitando aos grupos seleccionados no concurso de maquetas: Drive Stones, Primitive e Noc; así como aos grupos invitados: Sandford Music Factory e No more rain.

O domingo  celebraráse a Festa do Requeixo, con reparto das tarrinas dende as 13.30 h. Este ano acondicionouse unha carpa para xantar alí e instalaráse unha tenda con venda de productos locais para completar o menú.  

Sociedade