A Roda e a París de Noia actuarán na romería do Pote de Maniños

A Roda e a París de Noia actuarán na romería do Pote de Maniños

13 de Agosto, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Fito Dominguez, o vocalista da Roda, morreu no seu domicilio de Vigo o dous de setembro do 2012. Somentes unha semana antes, subira ao escenario da romería do Pote de Maniños, liderando o grupo de música tradicional na súa última actuación. Adolfo Dominguez “Fito” caldereiro do sector naval, fundou A Roda nos anos setenta. A súa profunda voz e as longas barbas, convertironse en sinais de identidade, dun grupo crucial na recuperación d

O grupo A Roda tamén tocará no Pote deste ano, nunha xornada que se desenvolverá o domingo trinta de agosto. A orquestra París de Noia poñerá o ramo ao día e sen dúbida atraerá a numerosos seguidores da comarca e doutras partes de Galicia. Completan o programa da romería do Pote 2015, o grupo Alén de Ancos, Toxos e Froles e unha charanga que animará a parroquia. Como outros anos, haberá xogos para a rapazada. Para o dia do Pote, AETNA organiza un xantar baixo carpa. Empanada, langostinos e callos integran o menú que ascende a doce euros para socios e quince para os non socios. Recóllense inscripcións ata  o xoves vintesete.

Sociedade