Rodolfo Ucha, sempre

Rodolfo Ucha, sempre

14 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O alcalde de Ferrol e o presidente da Deputación da Coruña presentan duas publicacións sobre o arquitecto Rodolfo Ucha na sede ferrolana do Colexio de Arquitectos. Unha delas é un artigo de Juan Burgoa publicado na prestigiosa revista “Coup de fouet” e o outro un libro editado con motivo do nomeamento de Ucha como arquitecto municipal, hai 100 anos. 

A Fundación Ferrol Metrópoli presenta o xoves día 16 de abril, na sala de Exposicións do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, na rua Real de Ferrol, ás 20.00 horas a Revista “Coup de Fouet”, órgano oficial da Ruta Europea del Modernismo onde aparece o artigo de Juan J. Burgoa, membro da Fundación Ferrol Metrópoli, relativo ao arquitecto Rodolfo Ucha Piñeiro.  Presentárase ademáis unha publicación, subvencionada pola Deputación da Coruña, con motivo da celebración do 100 aniversario do nomeamento de Rodolfo Ucha coma arquitecto municipal de Ferrol.  As devanditas publicacións entregaranse aos asistentes ao acto, que será público e poderanse visualizar na páxina web www.ferrol-modernista.org  O acto estará presidido polo Alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, e o Presidente da Deputación provincial da Coruña, Salvador Fernández Moreda, con intervencións da Presidenta do COAG  e do Presidente da Fundación Ferrol Metrópoli.

Sociedade