ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Rodrigo Leao, o grande renovador da música lusa, presenta esta tarde no teatro Jofre de Ferrol o seu último traballo - “O mundo”- un álbum no que se recolle o mellor da súa obra dende o ano 1993 ate o 2006.
O Mundo é un disco intimista e cheo de melancolía que pretende un repaso polas últimas dúas décadas na traxectoria profesional de Rodrigo Leao. Amais dos temas que se recuperaron para este proxecto discográfico, o álbum inclúe seis cancións inéditas, cinco éxitos regrabados e outros temas extraídos de discos de homenaxe. Hai quen di que Rodrigo Leao é un dos mellores compositores europeos do momento. Logo dunha primeira etapa na súa traxectoria musical na que estivo vencellado a grupos como Sétima Legiao ou Madredeus, no ano 1993 comezou a súa carreira en solitario coa publicación dun primeiro disco titulado Ave Mundi Luminar. Tras deste virían outros: Mysterium (1995), Theatrum (1996), Alma Mater (2000), Pasión (en 2002) e Cinema no (2004). Agora, cun novo disco baixo o brazo, chega a Ferrol para presentar “O mundo”, o seu novo traballo. Na cita desta tarde (ás oito e media) no teatro Jofre, Leao estará acompañado por seis músicos e pola cantante Ana Vieira, que aporta a súa voz nalgúns dos temas do disco.