Roger de Flor ataca no Torrente Ballester

Roger de Flor ataca no Torrente Ballester

15 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O moderno crooner de Limodre Roger de Flor ofrecerá unha nova pílula dos seus felices directos este xoves no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol. Segundo a súa discográfica, Roger fálanos de amores non correspondidos, da urxencia de manter o equilibro mental, da monotonía ou do valor da amizade, esa eterna táboa de salvación en tempos de crise.

Olladas serenas e irónicas ante o fracaso, convertidas en melodias inzadas de swing, country, rock and roll e baladas. Roger actuará ás dez da noite deste xoves 16 de decembro no último concerto do ciclo Novas Noites, organizado pola concellería de Cultura de Ferrol co patrocinio da Fundación Caixa Galicia e a produción de Run-rum Axencia. A entrada custa 5 euros.

Cultura