Román Pérez corre o supercross en Freixo de Espada á Cinta

Román Pérez corre o supercross en Freixo de Espada á Cinta

14 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O motociclista Román Pérez conta con bazas para gañar o Campeonato de Portugal de Supercross. Mañá domingo corre nunha carreira valedeira para ese torneo na localidade de Freixo da Espada á Cinta. A vila atópase no distrito de Bragança, na zona de Tras Os Montes, nas proximidades de Salamanca.

Román Pérez, con 26 anos de edade, fichou esta temporada por Suzuki e correrá mañá domingo en Portugal, a pesar de ter sofrido unha caida a pasada semana con golpes nunha deda dun pé e máis nas costelas. Román traballa ademais na organización de probas de Supercross no circuito de Vilar de Mouros na Capela para os dias 18 de xullo e 29 de agosto. Serán carreiras puntuabeis para o campeonato galego. Ademais entre os meses de agosto e setembro, podería celebrarse no circuito das Neves un triangular internacional coa participación dos moto clubs de Vigo, Gomesende e Ferrol. A cita máis inmediata para Román Pérez, mañá domingo, carreira valedeira para o campeonato de Portugal de Supercross, na localidade de Freixo da Espada á Cinta, a 506 quilómetros de Ferrol.

 

Deportes