A Roma de Julio César no Teatro Jofre

A Roma de Julio César no Teatro Jofre

31 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A prosa e o verso de Shakespeare preséntanos un mundo de confabuladores e ambiciosos, un retrato preciso e exhaustivo do poder e da sociedade como concepto atemporal. Producciones Espartanas estreará no teatro Jofre a obra “Muere Julio César” cunha posta en escea onde se acada o personaxe histórico e unha sorte de sucesos reais e ficticios, pero tamén subliña as súas concomitancias coa nosa realidade vixent

A trama céntrase na conxura de Casio e Bruto, en oposición ao poder dominante, César. Bruto odia as ambicións de César, pero non ao propio César, polo que actuará coa intención de evitar unha sanguenta revolta. Calpurnia, esposa de César, advertida por un sono, suplícalle que non vaia ao Capitolio. Desoíndo advertencias, presaxios e consellos César acude e alí, Bruto, Casio e os demais conxurados acoitelanlo ata a morte. Tralo suceso, os romanos achéganse ao Capitolio buscando algunha explicación. Bruto cálmaos con nobres palabras ata que Marco Antonio,aliado de César, irrumpe co seu cadáver. Comenza entón un ambiguo discurso que remata coa sublevación do pobo contra os conxurados. Bruto abandona Roma e mobiliza as súas lexións. Uns días máis tarde, sumáselle Casio con máis tropas. Discuten, pero rápidamente reolven as súas diferenzas e acordan atacar a Marco Antonio en Filippos. Esa mesma noite a pantasma de César visita a Bruto. Ao tempo, Marco Antonio consegue reforzos, froito da súa alianza con Octavio e Lépido. Ambas faccións atópanse en Filippos. Alí Bruto vence ás forzas de Octavio, mentras que Casio é derrocado por Marco Antonio. Casio retírase e, pensando que Bruto caeu, suicídase. Os exércitos de Marco Antonio acuden á batalla contra as tropas de Bruto. Tras unha sanguenta refrega, Bruto restírase e fuxe. Derrotado e só, mátase.

Cultura