A romanización de Mugardos

A romanización de Mugardos

12 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Museo do Caldoval poñerá en valor os restos dunha vila romana atopados nas obras de ampliación de Reganosa. O xacemento conservaba unha vivenda duns 250 metros cadrados de planta, cun muro e tres cuartos duns 30 metros cadrados. Representantes da Xunta, de Reganosa e do Concello de Mugardos asinaron este mediodia o convenio que garante a construcción dun centro de interpretación. O custe total do proxecto ascende a dous millóns de euros. A empresa financiar&aacute

Segundo os historiadores Juan Carneiro e Miguel Rodriguez, autores da Historia de Mugardos, toda a costa mugardesa está repleta de restos da época romana. Na vila de Noville, excavada de xeito científico, a cronoloxia danos unha época de ocupación tardía, que iría desde o século III d.C. ao VI d.C. Corresponde a un tipo de casa rica e de familia acomodada.

 

En Caldoval os restos construtivos poden responder a establecementos rurais tipo villa ou ben a factorias de produtos relacionados coa explotación do medio mariño. Tamén en Santa Lucía se poden apreciar restos de construcións romanas nos cantís. Os topónimos de Meá, Caldoval e Noville indican igualmente procedencia romana. 

 

Sociedade