A Romaría da Fraga vai cos tempos

A Romaría da Fraga vai cos tempos

24 de Xullo, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

O concello coruñés de As Pontes celebra as festas da Fraga que rematan mañá coa afamada Romería do mesmo nome, catalogada de Interése Turístico de Galicia. A festa vaise reinventando dende que naceu no ano 1904, noutro emprazamento. A construcción da central térmica desprazouna para a fraga de Dona Rita. A concelleira de Cultura das Pontes, Sonia Sueiro, falounos da tradición e da modernidade que encerra a multitudinaria cita do 25 de

Esta noite a Fraga das Pontes acolle o festival que antecede ao de mañá, o propio día da Romaría. Hoxe o pontés Andrés Penabad promete sorpresas no peche ddo Festival folk, cun cartel que se completa dende as 22.30 horas coa actuación de Mànran, Rarefolk e Muxarega.

Mañá 25 de xullo  porase o broche final ás festas coa celebración da popular Romaría da Fraga. Milleiros de persoas achéganse ás Pontes nese día para participar nas Merendas, dende as 17,00h. despois da "impresionante" sesión vermout. Os mozos e mozas xa preparan as cabanas con antelación, un costume similar á Romaría do Pote de Maniños.

O Festival do 25 de xullo comeza ás 20.30 horas este ano co grupo Trópico de Grelos, A Requinta dá Laxeira, Medina Azahara e Benito Kamelas. Pondo o broche de ouro á Romaría da Fraga, terá lugar a verbena a cargo de orquestra Cinema.

 

Sociedade