Romasanta pode ser o noso Jack o Destripador

Romasanta pode ser o noso Jack o Destripador
22 de Novembro, 2018 - 12:35 h. | Publicada por Radio Culleredo

Deste xeito criouse a nena dos Blanco. Manuela aprendera o que aprenderan as súas irmás ou calquera outra nena do seu tempo. Tiña seis anos. E pelos nas coxas como un varón cumprido.

 

Este é un fragmento de “Besta do seu sangue” a novela de Emma Pedreira que gañou o Premio Xerais de Novela 2018. O libro inspírase na figura de Blanco Romasanta, o home- lobo de Allariz, posiblemente o primeiro asesino en serie documentado en Galicia.

ESCOITA O PODCAST:
Alexadra Díaz, Tatty Lavandeira, Francisco Díaz, Henrique Sanfiz e Emma Pedreira

Manuel ou Manuela

O crego inscribe a Manuela Blanco Romasanta como unha nena nacida en Esgos en Ourense o 18 de novembro de 1809. Esa nena logo vólvese home e  na confirmación xa aparece como Manuel. Os médicos apuntan a un caso de pseudohermafroditismo feminino. Blanco cosía, bordaba. Corría por un ser doce e entrañable, amigo sobre todo das súas amigas. “Todo podería ser unha estratexia para gañarse a confianza das súas futuras vítimas” apunta Emma Pedreira.

 

Segundo a prensa da época Romasanta, morreu en 1863 no cárcere de Ceuta dun cancro de estómago. O mito di que a súa alma en pena ainda camiña pola serra de San Mamede

Xurado

Emma Pedreira gañou o Premio Xerais de Novela con Besta do seu sangue. O xurado da XXXVª edición deste galardón sinalou que “supón unha proposta de carácter transgresor caracterizada pola súa multiplicidade de voces, polo seu esencialismo narrativo e por exhibir diversos rexistros”. Ao tempo, salienta o uso dunha linguaxe poética e a transparencia que repousa na transmisión dunha atmosfera de desacougo e angustia ao abordar, con orixinalidade, unha historia inspirada na figura de Blanco Romasanta, co fondo dunha revisión xenérica de figuras da mitoloxía galega.

Cultura

Publica o teu comentario agora