Rosa Quintana considera que Expomar é un referente no avance da técnica naval galega

Rosa Quintana considera que Expomar é un referente no avance da técnica naval galega

19 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou hoxe o avance da técnica naval e a modernización e a seguridade dos sistemas de proteción en Galicia. Así o manifestou na inauguración da Feira náutico-pesqueira Expomar, que se está a celebrar en Burela ata o próximo domingo. A titular de Mar considera que este certame é “un escaparate e un referente do avance dunha frota” que achega puxanza social e económica á Mari&ntilde

A conselleira volveu a vista atrás para salientar a importante transformación que sufriu a frota no que respecta aos motores de hoxe en día “motores diésel cargados de electrónica nun avance sen parangón na técnica naval”, ou “aos aparellos electrónicos que aproveitan sinais de satélites para dar a posición exacta ao milímetro e localizan o peixe en forma dixital” e aos modernos sistemas de proteción “que permiten socorrer persoas no mar en situacións antes irreversibles”.
Quintana manifestou o apoio da Xunta de Galicia a esta feira bienal “que marca novos rumbos para a técnica e para a vida e a actividade humana no mar” e unha vez máis, apelou á unión de sector, entidades e empresas de desenvolvemento como “a mellor ferramenta” para para o progreso, a innovación e o futuro do sector. A responsable autonómica de asuntos pesqueiros reiterou a súa aposta polo I+D+i para asegurar o futuro deste sector “que segue a medrar incluso nun contexto de crise económica”.
Por último a conselleira amosou as súas condolencias polo traballador falecido no porto de Burela onte pola tarde nun accidente laboral e enviou unha mensaxe de ánimo á súa familia e a todo o sector auxiliar do eido náutico- pesqueiro da comarca “que sempre estivo a carón e traballando cóbado con cóbado cos nosos mariñeiros, para axudar e dar forma a todas cantas melloras ten cometido o sector nas últimas décadas”.

Sociedade