Rosalía de Castro na beira do mar

Homenaxe a Rosalía no Seixo
18 de Setembro, 2018 - 01:13 h. | Publicada por Radio Fene

Máis de cen persoas vestidas á moda do século XIX agardan na homenaxe a Rosalía de Castro que terá lugar no Seixo en Mugardos o sábado 29 de setembro. Serviráse ese día unha cea cun "menú rosaliano" integrados por pratos que describe a escritora de Padrón nas súas poesías.
Rosalía adicoulle un dos seus poemas á festa do Seixo, romería que gozou de notable sona durante boa parte do século XIX. A cea realizase a beneficio do proxecto "Rosalia de Castro e a fábrica das mulleres" unha iniciativa que pretende reivindicar a obra da autora de "Cantares Gallegos" e divulgar tamén a súa relación con Mugardos.

Fotografía dunha parella realizada por José Manuel Sánchez Seara. Ferrol 1871. Arquivo Guillermo Escrigas

O grupo de teatro "Teruca Bouza" da Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega está xa a ensaiar a obra "Rosalía no Seixo" e prepara a súa estrea para finais de novembro. No acto do sábado 29 representará un fragmento da mesma. Ten confirmada tamén a presencia o presidente da Fundación Rosalia de Castro Anxo Angueira.
As persoas interesadas en asistir á cea deben ingresar o prezo do menú (22 euros) na conta corrente de Abanca ES 44 2080 0224 7130 4000 7280 ou no local de Amigos da Paisaxe Galega do Seixo, antes do martes dia 25.

Poema:
Si a vernos Marica, nantronte viñeras,
á festa do Seixo, na beira do mar
ti rirás Marica, cal nunca te riches
debaixo dos pinos do verde pinar.

Cultura

Comentarios

Que boa iniciativa :)
Nome: 
Patricia Hernández

Acabo de ingresar 22 € pra cea do sábado Homenaxe a Rosalía no Seixo. Anotade a Luis Rico Castro.
Nome: 
Luis Rico Castro

Publica o teu comentario agora