Roteiro para mollarse polo río Sarria

Roteiro para mollarse polo río Sarria

26 de Decembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

A Platafoma Sarriana polo Río pide a paralización inmediata das obras e a elaboración, de forma participativa, dun proxecto integral, respectuoso co patrimonio cultural e natural, e que sirva para o obxectivo de reducir o risco de inundacións. O colectivo segue convencido de "que certo número de intervencions menos agresivas, ben localizadas, probablemente menos costosas, poderían contribuir a reducir o risco de inundación sen arrasar a riqueza med

A Plataforma leva un ano de accións en contra do Plan de Encanamento deseñado polo Concello de Sarria e a Confederación Hidrográfica. No pasado mes de outubro, o xulgado decretou a paralización cautelar das obras que incluían a eliminación dunha ponte, un bosque de ribeira e unha baranda artística.

Sociedade