Roupa con deseños moi especiais

Roupa con deseños moi especiais
20 de Agosto, 2020 - 01:14 h. | Publicada por Radio Fene

As compras online son cada vez máis habituais. Podemos mercar practicamente todo o que se nos ocorra por internet. A Costureira é unha tenda que ofrece o seu catálogo na web e conta con artigos téxtiles variados,  dende camisetas e suadoiros ata bolsas e cestas de iute. Inclúen tamén cuncas e lenzos.

ESCOITA O PODCAST:
Bolsa con deseño de Leandro Lamas para A Costureira

Na súa páxina penduran deseños propios pero tamén contan con algunhas colaboracións moi especiais, segundo nos conta José Luís Martínez.

Os deseños de Leandro Lamas atópanse nunha ampla variedade de artigos. Aínda que é complexo escoller, os que levan ó Apalpador ou Rosalía son algúns dos favoritos da propia tenda.

As bolsas e cuncas son sempre un acerto á hora de facer un agasallo, xa que non fai falla estar pendente do talle, aínda que na web atopamos unha guía con medidas para atinar de xeito doado.

Proximamente intentarán vender os seus produtos en tendas físicas.

Sociedade

Publica o teu comentario agora