A ruína de Costa Miño Golf

A ruína de Costa Miño Golf

28 de Xaneiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

400 antigos propietarios das parcelas que hoxe albergan a macrourbanización Costa Miño Golf seguen sen cobrar e non hai visos de que vexan a curto prazo os seus cartos. O Concello expropioulle os solares a 6,32 euros o metro cadrado. Os tribunais elevaron o prezo ata os 25,9, pero ao entrar a promotora en 2011 en concurso de acreedores, os cartos seguen sen chegar. O Concello deberá asumir o pago, por non reclamar no seu dia un aval á empresa.

O Concello de Miño, con 5.700 habitantes e un orzamento anual de 4,9 millóns no 2013, debe abonar 30,5 millóns de euros por condenas xudiciais a consecuencia dunha mala tramitación das expropiacións.

A urbanización Costa Miño Golf promovida por Martinsa-Fadesa consta de 1.217 vivendas, a maioria delas sen ocupar. Ao seu carón, un campo de golf de 50 hectáreas constituíu un dos principais reclamos da promoción. En xullo de 2008 Martinsa Fadesa instou concurso de acredores. Máis de 800 casas estaban aínda en construción. Os traballos en Miño paralizáronse e a urbanización converteuse nunha cidade pantasma.

Sociedade