Rubén Blades actuará na Coruña

Rubén Blades actuará na Coruña

24 de Xuño, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O cantante panameño Rubén Blades, o pianista estadounidense Eddie Palmieri e o grupo de salsa latino afincado en Barcelona La Sucursal S.A. actúan na Coruña no marco do Salsa y Latin Jazz Festival. Este evento itinerante fai parada este venres día 29 no pavillón de Expocoruña. As entradas anticipadas custan 35 euros, mentres que no despacho de billetes ascenden a 40.

O panameño Rubén Blades considérase o artista máis popular da música latina, cunha carreira iniciada nos anos setenta e que está infestada de recoñecementos, entre eles seis premios Grammy. Gravou máis dunha vintena de álbums propios, ademais de colaborar noutra quincena de discos doutros artistas de diferentes xéneros. O seu traballo Siembra (1978) é o álbum de salsa máis vendido da historia.

O pianista neoiorquino de orixe portorriqueña Eddie Palmieri, de 75 anos, leva máis de medio século sobre os escenarios de todo o mundo e acumula máis de 36 discos ás súas costas. O música virá A Coruña ao mando da Perfecta II, herdeira da orquestra que fundou no ano 1961. Palmieri está considerado como un auténtico renovador da salsa e o latin jazz, dous xéneros que enriqueceu co rythm & blues, o funk, o boogaloo ou a influenza de compositores de música clásica como Bach ou Debussy.

A banda A Sucursal S.A., formada en 2005 por cinco músicos colombianos no barrio do Raval de Barcelona, ofreceu máis de 150 actuacións en diferentes países como España, Francia, Marrocos, Portugal, Noruega, Suíza ou Colombia. Para este ano preparan un directo gravado no Palau da Música de Cataluña.  

Sociedade