Rubén Ruibal, teatro para reflexionar

Rubén Ruibal, teatro para reflexionar

06 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por A biblioteca infinda

Rubén Ruibal chega con dous libros aínda quentiños debaixo do brazo: Delimvois, estreada pola compañía Teatro A Oficina de Guimarães e dirixida por Marcos Barbosa o 23 de maio de 2009 no Salón Teatro de Santiago de Compostela, e ¿Onde andas, Karl?, posta por primeira vez en escena polo grupo de 3º curso da Escola de Teatro de Narón, dirixido por Jose Prieto, o 25 de xuño de 2009. Dous textos escritos ao mesmo tempo,

Se en Delimvois se pretendeu reflexionar seriamente sobre as posibilidades de resistencia dos humanos ao totalitarismo do poder, ¿Onde andas, Karl? foi escrita para divertir ao público e que os alumnos da Escola de Teatro puxesen en práctica os diferentes rexistros dramáticos. En broma ou en serio, as dúas obras fannos pensar, aínda que Ruibal prefire que sexa despois de saír da función, nas relacións de amor e de poder, na terca necesidade dos humanos en imaxinar cousas que non existen, pero poden chegar a existir e na importancia do pasado. Pegadas que se van facendo máis profundas cada vez que alguén transita polo mesmo lugar real ou imaxinario.

Sociedade