Rusia construirá dous novos portaavións da serie Mistral

Rusia construirá dous novos portaavións da serie Mistral

01 de Novembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O ministro ruso de Asuntos Exteriores Anatoli Serdiukov confirmou a asignación dos fondos para a construción de dous novos portaavións ou portahelicópteros Mistral, dentro do Programa nacional de fabricación de armamento e material bélico aprobado para o período de ata 2020. Os dous primeiros buques da clase Mistral para a Armada rusa serán construidos en Francia. O contrato alcanza os 1.200 millóns de euros e foi suscrito no pasado mes de

O primeiro buque deberá ser entregado no 2014 e o segundo, un ano despois. A compañia francesa DCNS iniciou xa a obra poñendo a quilla en febreiro no estaleiro de Saint-Nazaire. O terceiro e o cuarto navíos deben ser construidos xa en Rusia. O portahelicópteros ten 210 metros de eslora, despraza 21.000 toneladas e navega a 18 nudos. Cunha tripulación de 140 persoas pode transportar un total de 16 helicópteros.

Sociedade