Ruxe o Fene Rock 2019

O Fene Rock cumple 17 anos
03 de Setembro, 2019 - 11:13 h. | Publicada por Radio Fene

O mítico festival de música de Fene volve a vindeira semana, os días 13, 14 e 15 ao paseo de San Valentín.

ESCOITA O PODCAST:

Os anos non pasan polo Fene Rock. Pasan pero non pasan. Coa mesma filosofía de sempre, de ofrecer  rock a un abano amplo de xente, gratuitamente, con dúas fortes presenzas e para dar opción a bandas locais e galegas.  Con esta vontade volve cada ano o Fene Rock.

Do venres 13 ao domingo 15 deste mes disfrutaremos no paseo marítimo de San Valentín dunha nova edición que cumple cos desexos postergados dos seus organizadores. Ganas tiñan de que volvese Amadeus, e volve presentando novo disco. Tamén tiñan ganas de ver en directo aos madrileños Sôber, e tamén estarán en Fene este ano. Os galegos Ruxe ruxe e os portugueses, Abaixo cu sistema, serán os encargados de pechar o festival, o venres e sabado respectivamente. Completan o Fene Rock os ferroláns Comandante Lobo e Oddy Lane, e os feneses Sintrom ni son. Os dous dias haberá sesión vermut; o sabado conducida por Los guardianes del Rock e o domingo por Rockers y Fredy, antes dun gran xantar popular de despedida.

Maikel Rodeiro acompáñounos hoxe na Fenestra para falarmos dos grupos convidados e pintarnos o gran escenario que acolle o Fene Rock 2019.

Cultura

Publica o teu comentario agora