A síndrome de estar queimado

A síndrome "burn out" ven de ser recoñecida pola OMS
30 de Setembro, 2020 - 10:52 h. | Publicada por Radio Fene

A Organización Mundial da Saúde ven de recoñecer a síndrome burn out como unha doenza que describe como desgaste e estrés profesional. O sector do ensino e da sanidade son dos máis afectados, pero non os únicos.

ESCOITA O PODCAST:

A síndrome burn out (estar queimado)  é un trastorno de nova adquisición por parte da OMS que está a punto de incluílo no seu listado de enfermidades. Trátase da síndrome de desgaste ou estrés profesional que provoca un deterioro físico e psicolóxico a quen o padece. Comunmente coñecémola como a síndrome de “estar queimado”. O psicólogo José Barcia descríbeo desta maneira: “As persoas notan apatía, que xa non teñen interese polo seu traballo, están saturadas pola situación e ese estrés tan grande repercute en todos os aspectos da súa vida”.

Esta síndrome pode afectar a todos os sectores laborais pero quizás o sanitario e o ensino secundario sexan os máis perxudicados. “Quizás o profesorado de ensino secundario é dos máis afectados” afirma Barcia quen insiste en que non é un problema menor, cando é recoñecido pola OMS. “A pandemia agravou o burn out no sector sanitario onde se rexistra un altísimo nivel de estrés e de sufrimento”. Non podemos descartar a relación desta síndrome coa fuga de talentos. “A emigración de investigadores, sanitarios, profesores, debe ser atendida porque marchan profesionais que son moi relevantes para a sociedade”.

Conclúe Barcia que, por sacar algo “positivo” desta situación, este fenómeno pode axudar a que a sociedade sexa máis resistente aos cambios.

Deportes

Publica o teu comentario agora