A síndrome de superioridade

A síndrome de superioridade
26 de Novembro, 2020 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

Hoxe falamos da síndrome de superioridade co psicólogo José Barcia no espazo Vilanova. Unha síndrome que sofren algunhas persoas para encubrir seguramente un complexo de inferioridade.

ESCOITA O PODCAST:

As persoas con síndrome de superioridade son aquelas que necesitan estar por riba dos demais e se comportan así, como se os seus actos e éxitos requeriran dunha loubanza, ao tempo que menosprezan as propostas e éxitos doutras persoas. Con esta definición aproxímanos o psicólogo José Barcia a esta casuística. Soen ser persoas histriónicas e dramáticas que intentan chamar a atención, decir “aquí estou eu”. “Parécese bastante ao trastorno de personalidade narcisista” apunta Barcia.

Este tipo de comportamento normalmente esconde un complexo de inferioridade e ten que ver cunha baixa autoestima. Poidera ocurrir que na infancia, cando se forma a nosa personalidade, tiveran estas persoas algún tipo de dificultade ou que non recibiran do seu entorno o apoio necesario, unha educación emocional apropiada. Así é que constrúen unha especie de coraza.

“No fondo son persoas cun grande padecemento”. É como alguén que se sinte pequena e se sube enriba dunha escaleira para estar sobre os demais. Chama a atención o psicólogo fenés sobre a educación que reciben os fillos daqueles pais que queren protexelos tanto que só magnifican e louban os seus éxitos, e iso non está ben. “Animalos nos éxitos si, pero tamén é necesario educalos no fracaso, explicarlles aquilo que deben mellorar. É difícil pero hai que saber poñer límites para chegar ao equilibrio”.

Sociedade

Publica o teu comentario agora