A síndrome do corredor

A síndrome do corredor
29 de Abril, 2020 - 01:40 h. | Publicada por Radio Fene

O espazo Vilanova, José Barcia, aborda os desacertos na práctica do exercicio en pleno confinamento.

ESCOITA O PODCAST:

No confinamento tamén se producen lesións á hora de practicar exercicio físico. As máis frecuentes, tendo en conta as consultas realizadas nas últimas semanas, son as producidas precticando exercicio de tipo aeróbico. Moitas persoas puxéronse a correr no interior da casa sen contar co ángulo necesario, por exemplo, para xirar. Isto provoca lesións de menisco, pero tamén estamos falando de estrés articular, por practicar en superfices duras, ou sobrecargas musculares, a causa da falta de costume. Afirma José Barcia que tamén corremos perigo cando saiamos do confinamento dentro duns dias. As ganas de sair poden levar a persoas que antes non practicaban atletismo, a que agora se poñan a correr para baixar peso. O normal é que non estean preparadas a nivel muscular, así que mellor é a moderación e empezar pouco a pouco, axustando o tempo.

Deportes

Publica o teu comentario agora