Só beberemos en ouro vermello

Só beberemos en ouro vermello
30 de Xullo, 2019 - 09:43 h. | Publicada por Radio Lugo

Acudimos a Triacastela na procura das pegadas de Germain Nouveau, o poeta francés -amigo de Verlaine e Rimbaud- que a comezos do século vinte fixo o Camiño de Santiago e redactou e enviou cartas desde a vila luguesa. Álvaro Cunqueiro, no libro El pasajero en Galicia, (Tusquets,1981) recolle anécdotas arredor da viaxe. Movidos polo interese literario viaxamos o dia vinteoito, coincidindo coa feira mensual. Estivemos mollando a palabra nunha mañá preñada de luz e probamos o ouro vermello, en forma de callos servidos no Hostal Mesón Vilasante.

ESCOITA O PODCAST:
Igrexa de Triacastela

"Os surrealistas volveron poñer de moda a Nouveau" segundo asegura Pedro José Vizoso, natural de Xinzo de Limia, na actualidade profesor no Hastings Colllege en Nebraska (USA) e autor da edición da obra do poeta, comentada e traducida ao español "Saber amar". Germain foi desde París a Santiago de Compostela en 1906, despois de ir a Roma e ao Norte de África en largas peregrinaxes a pé.

Nouveau fala dos queixos cremosos que lle dan de comer en Galicia, queixábase de que tiña que "comer moi ben", sen deixarlle pasar xexún nen facer penitencia. "Xa quixeran as parturientas os colchóns cómodos que me daban a mín" apunta. Son anécdotas moi verosímiles, segundo o profesor galego. 

Un dos sonetos de Germain Nouveau

 

Viviremos nun cuarto discreto,

sempre cheo dun aroma embriagador

que só deixe pasar, como se intúe,

unha luz feble e tenue semellante á tardiña.

 

Unha loura delicada cunha bonita bata

sacaralle melodías a unha mandolina,

e as brancas cortinas de tecido fino

reflectiranse nun gran espello.

 

Cando teñamos fame, por todo alimento

petiscaremos froitos traídos da China,

e só beberemos en ouro vermello.

 

Para durmir, igual que os gatos,

xaceremos sobre frescos tapices

e esqueceremos todo, mesmo o sol!

Cultura

Publica o teu comentario agora