Só ferro

EU denuncia que en Navantia Fene só se fai ferro e nada de tecnoloxía.
10 de Xullo, 2019 - 02:01 h. | Publicada por Radio Fene

EU reclama, facéndose eco das queixas do comité de empresa do centro fenés, que non se discrimine a Navantia Fene.

ESCOITA O PODCAST:
bastidaandresEU

O Diario de Cádiz facíase eco no pasado mes de xuño, da perda da factoría de Puerto Real, dun contrato para Francia por non poder cumprir os prazos da entrega, aínda que a oferta era suculenta e daba traballo por espazo dun ano e medio. Por qué non se contou coa factoria de Fene para reducir eses tempos?

EU denuncia a situación na que se atopa Navantia Fene en canto ao traballo que non realiza. Presentarán unha moción nos plenos dos concellos da comarca, entre eles no de Fene, en próximas datas. Aínda recoñecendo que hai que repartir o traballo entre todas as factorías, o comité do estaleiro de Fene síntese discriminado porque un dos 5 jackets que se lle enconmendaran foise para Cadiz , cando o estaleiro andaluz ten moito traballo neste momento, en palabras de Andrés Bastida.

Bastida afirma que en Navantia Fene fáise “ só ferro” e pouca tecnoloxía e que está nunha situación de total desamparo. Ese é o sentimento que lle transmite o comité de empresa do estaleiro fenés. EU defende que é necesario un plan de viabilidade para o centro de Fene no que se contemple a construcción dun buque, un barco como os que se facían antes. Finalmente reclámase na iniciativa, máis participación nos contratos futuros da área de reparacións, tanto de gaseiros como de petroleiros ou cruceiros.

Sociedade

Publica o teu comentario agora