A sabedoría popular chega aos móbiles

A sabedoría popular chega aos móbiles

18 de Setembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Non hai refrán vello que non sexa verdadeiro. Disposta a comprobar a exactitude deste dito, Pilar Mera decidiu compilar case 10.000 refráns e poñelos a disposición de aqueles que usen trebellos como o iPhone, o iPod ou o iPad. O resultado dese esforzo de unir o patrimonio oral e as novas tecnoloxías chámase Refraneiro Galego e xa se pode mercar na tenda de Apple ou consultar, na súa visión reducida, na rede.  

Esta aplicación, que se vende por 0,79 euros, permite consultar en modo offline (sen necesidade de estar conectado a internet) os milleiros de refráns que forman parte da colección, visualizándoos en modo aleatorio ou mediante a busca por palabras. Tamén é posible gardar os ditos preferidos na sección favoritos, así como compartilos pola rede vía correo electrónico, Facebook ou Twitter. O Refraneiro Galego para iOS tamén inclúe un sistema de alerta opcional que permite recibir no teléfono unha frase diferente cada día ou cada semana sen ter que abrir a aplicación.

A versión reducida de Refraneiro galego para a rede, é unha web que publica novos refráns diariamente e onde calquera pode enviar as súas suxestións, do mesmo xeito que a través das redes sociais.  

Sociedade