Sabemos e queremos facer barcos

Sabemos e queremos facer barcos

18 de Decembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Uns 1.500 traballadores de Navantia Ferrol e Fene e de empresas auxiliares do naval saíron esta mañá en manifestación para reclamar carga de traballo. Unha manifestación que se iniciou ás 10,30 horas na porta do estaleiro ferrolánl na que os traballadores volveron a denunciar a crítica situación de falta de carga de traballo.Os traballadores colocaron cruces de madeira diante do edificio administrativo da Xunta en Ferrol, cos nomes das empr

Os traballadores de Navantia movilizaronse esta mañá en Ferrol. Dende as 10,30h  concentrándose diante do edificio administrativo da Xunta, en protesta por non telos recibido o presidente, Núñez Feijó. Os representantes do comité fixaran o prazo dunha semana como máximo para fixar o encontro co presidente, pero o máximo responsable do Executivo galego mantén silencio sobre a solicitude que lle envióu o alcalde ferrolán despois da xuntanza que a semana pasada mantiveron alcaldes e os representantes dos traballadores. Os comités de empresa solicitaron en varias ocasións ao presidente da Xunta unha entrevista para analizar a situación de falta de traballo, pero nunca os recibiu.

Os traballadores demandan do Goberno autonómico información sobre o dique flotante que se comprometeu a apoiar para a división de Reparacións e tamén sobre o encargo para a fabricación do flotel de Pemex. Pero van ter que agardar ao día 30 de decembro para coñecer o resultado da adxudicación do barco. Tamén o comité de empresa criticou as últimas declaracións do ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, en relación a unha futura carga de traballo en Navantia mediante a construción dun gasero para Gas Natural. "Montoro pode estar tranquilo porque seguro que ten unha empresa privada que o meta no seu consello de administración cando acabe a súa actividade política, pero os traballadores non teñen esa tranquilidade", concluíu.

Probablemente a desta mañá sexa a última manifestación na rúa dos operarios de Navantia por este ano 2013, pendentes de noticias sobre o flotel de Pemex o dia 30 de decembro.

Sociedade