Saberes e xeitos especiais

Saberes e xeitos especiais
07 de Novembro, 2022 - 10:44 h. | Publicada por Radio Fene

Medio cento de figuras e cadros da ceramista Carme Romero poden verse ata mediados de decembro na Casa do Concello de San Sadurniño. A exposición "Meigas, sabias e mulleres boas" permanecerá aberta até o 15 de decembro. No acto de inauguración celebrado o pasado venres participaron amizades e familiares da artista, ademais de veciñanza, parte do equipo de goberno e membros de colectivos culturais de dentro e fóra de San Sadurniño.

Fotografía Xan Xe

A  profesora Pilar Vázquez, da asociación cultural Eira Vella (Betanzos) presentou a mostra. Houbo ademáis un  recital de zanfona e guitarra clásica ofrecido polas irmás Iria e Candea Quintía Romero, fillas da ceramista.

 

A exposición, composta por máis de medio cento de pezas entre figuras e cadros, pode visitarse nos horarios de apertura das oficinas municipais, de luns a venres entre as 8:30 e as 14:30h. Ademais, os venres a partir do día 11, Carme Romero estará polas tardes na galería para guiar o público pola mostra e para comentar con  tanto a súa técnica como os múltiples significados da súa obra, centrada neste caso nesas mulleres con saberes e xeitos tan especiais, e tan vinculadas á nosa cultura.

 

Fotografía Xan Xe

Cultura

Publica o teu comentario agora