A sabiduría e a experiencia recompénsanse nesta xornada

A sabiduría e a experiencia recompénsanse nesta xornada

01 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Cantón de Molíns de Ferrol acolle un sinfín de actividades para conmemorar o Día dos Maiores. O bó ambiente reina no Cantón dende ás once da mañá cando comezaron os actos. Ao longo de toda a xornada desenvolveranse unha gran cantidade de actividades. Ás seis e media, merenda popular influenciado con música e unha hora máis tarde homenaxe ao avó e á avoa máis lonxevos de Ferrol. A xornada rematar&aacute

Nesta celebración adicada aos máis maiores desenvolveranse talleres de xerontoximnasia, estimulación cognitiva, bolillos ou pintura. Levaranse a cabo moitas outras actividades que practica este colectivo nos distintos centros de día e atención á cidade.

Haberá exhibición deportivas como TaiChi, e de bailes de salón, teatro e actuacións musicais. Ás seis terá lugar unha merenda popular. Un dos actos máis emotivos da xornada terá lugar ás sete da tarde coa entrega de obsequio aos dous veciños más lonxevos de Ferrol, Francisca Sánchez de 104 anos e Manuel Belando de 100.

Segundo explicou esta mañá en Radiofusión a Concelleira de Benestar, Beatriz Sestayo, este día réndese homenaxe aos maiores e se lles dará grazas pola súa aportación á sociedade. Debemos recoñecer a sabiduría e a experiencia. Nun mundo onde se ensalza a xuventude non se pode agochar algo tan fermoso como cumprir anos, engadiu a concelleira.

Unha xornada para compartir a sabiduría ea experiencia dos nosos maiores.

Sociedade