Sae do prelo o libro “Arriola. Obra Musical”

Sae do prelo o libro “Arriola. Obra Musical”

12 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A obra recupera a biografìa e o legado musical de José Arriola, “Pepito Arriola”, precoz e extraordinario pianista ferrolán, afincado durante anos en Berlín, dende onde espallou a súa música por todo o mundo.

Pepito Arriola, membro dunha familia senlleira, foi un neno prodixio do piano e, co paso do tempo, un gran compositor. Naceu en Betanzos, viviu os primeiros anos en Ferrol e deu o seu primeiro concerto cando só contaba tres anos. Despois marchou a Berlín, onde se formou musicalmente á beira de Richard Strauss. Das súas excepcionais habilidades e da súa precocidade da fe a súa primeira xira internacional cando aínda non cumprira os sete anos. En Berlín chegou a ser pianista do Emperador Guillermo II, e desde alí irradiou o seu talento mundialmente recoñecido. 

"Arriola. Obra Musical” pretende rescatar e recompoñer a memoria de Pepito Arriola e recuperar a súa obra, contando coas colaboracións de Rafael Úbeda, Luís Mera e Joam Trillo.

O libro, coeditado polo Consello da Cultura Galega e o Consorcio de Santiago, acompañarase en breve dun CD que ambas as dúas institucións editarán co concerto que a Real Filharmonía de Galicia ofrecerá o vindeiro 16 de xuño no Auditorio de Galicia con dúas obras de José Arriola.

Sociedade